A oferta de Ponteverán completa en todas as actividades para os máis pequenos

44

Ponteverán, o programa de lecer xuvenil da Concellaría de Xuventude, acaba de pechar as inscricións para os obradoiros e campamentos dos máis pequenos.
Tras o proceso de preinscrición nos obradoiros gratuítos dirixidos á nenos e nenas de 8 a 12 anos, procedeuse á selección das 66 persoas que participarán nestas actividades lúdico-educativas gratuítas que terán lugar no Pazo da Cultura en diferentes semanas de xullo. Cada un dos obradoiros tivo que ampliar as súas prazas, para dar cabida a todas as solicitudes, e que todos os nenos e nenas obtiveran praza nalgunha das actividades do programa dirixidas a estas idades (8-12 anos).
No Obradoiro de xogos e costumes populares (4-10 de xullo), participarán 22 nenos, e a listaxe da agarda para esta actividade é doutras 21 persoas. A xente que quedou en lista de agarda desta actividade, obtivo praza na Aula de Medioambiente tamén incluída no Ponteverán, polo cal, participarán igualmente nunha actividade similar.
O obradoiro "Xoganco coa arte", do 14 ao 18 de xullo, foi o que maior número de solicitudes recibíu. Participarán 22 nenos e a lista de agarda é de 11 persoas.
No obradoiro de Lecer crítico e construtivo, do 21 ao 28 de xullo, cubríronse 22 prazas e quedan en lista de agarda 8 nenos e nenas que tamén obtiveron xa praza noutra actividade do programa.
Con estes axustes, evitouse sortear as prazas entre os nenos e nenas preinscritas, tentando repartir as actividades gratuítas entre todas as familias.
O obradoiro musical e artístico que se celebrará do 28 de xullo ao 1 de agosto no Local de Música municipal, completou todas as prazas ofertadas, e hai 20 e sen listaxe da agarda.
Por outra banda, hoxe remata o prazo para a preinscrición online nos campamentos de tempo libre na Serra do Xurés, no albergue Sustinea. Son 2 quendas de 8 días ás que acudirán 20 nenos/as de 10 a 12 anos do 16 o 23 de xullo e 20 mozos/as de 13 a 15 anos do 25 de xullo ao 1 de agosto.  Para a quenda dos máis pequenos, hai xa 31 solicitudes e para a quenda dos maiores hai 27. O martes 1 de xullo terá lugar ás o sorteo público das prazas dispoñibles (16 por cada quenda, xa que 4 prazas son reservadas sempre para os Servizos Sociais municipais).
As listaxes de agarda poderán consultarse a partir do 2 de xullo, momento no cal tamén comezará a formalización das inscricións definitivas.
Este campamento ten un custe por praza de 318€, dos cales as familias pagan 80€ en concepto de cota, que á súa vez pode verse reducida coa aplicación de descontos por carné xove, familias numerosas, ou irmáns.
A programación de Ponteverán pode consultarse na web www.xuventude.pontevedra.eu ou chamando á Oficina de Xuventude ao 986 840367 situada na Casa Azul, rúa Sor Lucía, 2, 3º andar en horario de mañá de 9 a 14h. As inscricións para as demais actividades permanecerá aberta ata cubrir prazas.