Benestar activa un protocolo para achegar alimentos a 182 menores no verán

88

A Concellaría de Benestar Social Municipal xa depurou os padróns para coñecer a cantidade de nenos que precisarán axuda de alimentos este verán no concello. Trátase de 91 familias na que viven 182 nenos.
A Concellaría de Benestar acaba de pechar un protocolo de actuación para que todos estes nenos dispoñan de alimentos frescos durante o verán xa que o Concello quere ter garantía de que estes menores poidan comer nas súas casas, en compañía dos seus pais e irmáns, sen ter que desprazarse a ningures.
Entregaráselles periodicamente froita, verduras, iogures, carne, peixe, fiambre e ovos.
Segundo as contas da Concellaría de Benestar, os usuarios serán:
• Familias con 1 neno: 38
• Familias con 2 nenos: 35
• Familias con 3 nenos: 10
• Familias con 4 nenos: 2
• Familias con 6 nenos: 6
Esta iniciativa da Concellaría de Benestar Social Municipal ponse en marcha sen agardar as noticias da Xunta de Galicia, que xa adiantou que recibirá fondos do Ministerio de Benestar para este propósito. O Concello está disposto a colaborar coa Consellería no caso de que decida porse ao fronte desta dramática.