Chega ao Concello o proxecto de reforma do Nó de bombeiros

87

O Concello de Pontevedra recibiu este mes parte do proxecto que tramita o Ministerio de Fomento para a reforma do Nó de Bombeiros. Trátase do informe ambiental que será contestado antes do 7 de xullo por parte do Concello.

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera explicou que a reforma substancial do nó implica duplicar a catro carrís Domingo Fontán, dende a rotonda da Ponte das Correntes até o parque de bombeiros; eliminar a ponte que leva de saída da cidade cara a estrada de Vilagarcía (PO-531); e eliminar o acceso á AP-9 dende a estrada de Vilagarcía. Co novo proxecto, as entradas e saídas á AP-9 faranse dende a rotonda da ponte das Correntes e tamén dende a rotonda do parque de bombeiros.

Mosquera destacou que "por fin dase un paso para remodelar este nó. Nón é a solución que defendía o Concello que era a desplazar o nó da autoestrada cara ao norte". Segundo expón o propio proxecto, "a remodelación fasise co menor gasto", indicaba Mosquera quen concluía que "hai solucións mellores á escollida por Fomento".

O Concello solicitará unha reunión a Fomento para ver as mellores alternativas, pero Mosquera xa anunciou que tratarán de solventar unha eiva importante que ten o proxecto "non recolle a conexión peonil da ponte das Correntes con Bombeiros".