O Código de circulación inspírase en Pontevedra

57

O concelleiro de Mobilidade, César Mosquera informou esta mañá das incorporacións que a nova Lei e Regulamentos de tráfico incorporan grazas as achegas do Concello de Pontevedra, pero con carácter xeral as achegas de Pontevedra ían centradas en dúas grandes liñas:

  • Os condutores deben axustar as súas conducións segundo as características da vía. É dicir, as medidas de seguranza viaria han de ser proporcionais á vía na que se circula.
  • Nas vías urbanas existen máis mobilidades que a dos vehículos, hai mobilidades como a peonil que apenas estaba incluída no Código de circulación.

Mosquera aproveitou a comparecencia pública para expicuar que a finais do pasado ano, Pontevedra estaba empeorando as cifras de seguranza viaria, datos que melloraron substancialmente neste ano, onde se levan rexistrado cero mortos e cero feridos graves no ámbito urbano, aquel controlado pola Policía local que é onde hai rexistros.

Para correxir aquela situación, o Concello puxo en marcha medidas para correxir certas disfuncións no tráfico que creaban perigo nas vías urbanas.