Pavimentado das rúas Alameda, Martitegui e Xofre de Tenorio

70

O Concello pavimentará nesta semana as rúas Alameda e Martitegui dado que o asfalto se atopa en moi malas condicións. A rúa Alameda pavimentarase diante do cafetín e até a Subdelegación do Goberno, en Martitegui todos os panos con asfalto. O orzamento é de 33.315 euros.

Tamén está previsto que se inicie nestes días o reasfaltado e obras de eliminación de barreiras na rúa Jofre de Tenorio. Farase unha renovación integral do pavimento, eliminaranse barreiras e mellorarase o entronque coa rúa Xan Guillerme. Ten un orzamento de 60.026 euros.

Ambas obras estarán rematadas no mes de xullo, antes do inicio das festas grandes da cidade.