Pisando Forte inicia o curso de “Producción e organización de eventos musicais”

64

Por terceiro ano, a Concellaría de Xuventude, a través do programa de formación Pisando Forte pon en marcha o curso de Produción de Eventos musicais que ten unha grande demanda e aceptación pola xente nova. De feito este ano as prazas ampliáronse de 20 a 25 para dar cabida a todas as solicitudes.
O curso celebrarase do 30 de xuño ao 4 de xullo de 10 a 14 h. na súa fase presencial (20h.) no Local de Música municipal. Logo cada alumno/a terá que realizar unha fase práctica nos 15 bolos incluído na programación festiva e cultural deste verán na cidade de Pontevedra.
O alumnado que supere o curso, obterá finalmente un certificado por 75horas de formación, neste eido profesional que non existe no ensino regrado.
Por outra banda, cabe lembrar que a partir do primeiro de setembro, o Pisando Forte volve a abrir o periodo de preinscrición para a terceira quenda de cursos deste ano.
A Concellaría de Xuventude lembra que a formación ofertada polo Pisando Forte está dirixida a mozos e mozas de 16 a 35 anos, en situación de desemprego e do municipio de Pontevedra. Trátase dunha formación gratuíta, totalmente subvencionada pola Concellaría de Xuventude e que ten por obxectivo mellorar o acceso ao mercado laboral da poboación nova, a través unha oferta formativa orientada á mellora das competencias persoais e profesionais.