Concerto de Manoele de Felisa

59

Lugar: Sexto Edificio. Museo de Pontevedra. Rúa Padre Amoedo, 3.

Hora: 21 h.

Prezo: de balde.

Manoele de Felisa presenta no Sexto Edificio o seu libro-disco Cantos de lembranza no que lle pon música ós 14 poemas máis íntimos de Xosé Neira Vilas.

Para este traballo contou coa colaboración dunha vintena de artistas, entre eles a voz de Luis Emilio Batallán e un texto de Víctor F. Freixanes. As fotografías do álbum familiar do propio escritor e unha escolma de ilustracións completan este sentido proxecto.

Xosé Neira Vilas, galardoado recentemente co Premio Otero Pedrayo, estará tamén presente no acto comentando os poemas cantados por Manoele de Felisa.