O Concello de Pontevedra aprobou esta mañá distintas adxudicacións e aperturas de licitación por máis de 850.000 euros. A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de licitación do novo local social da parroquia de Salcedo por valor de 778.522,74 euros.
Tamén aprobou a adxudicación do subministro dun vehículo todo-terreo para bombeiros. A adxudicación foi a automóbiles Louzao por 72.466,90 euros.