Obradoiros creativos de astronomía para nenos nos meses de xullo e agosto

102

A Concellaría de Festas presentou hoxe o “Obradoiro do ceo e a astronomía” que organiza en colaboración coa Asociación Fins, como actividades infantís previas á Feira Franca que ten por temática a astronomía, para dar a coñecer o mundo da astronomía dun xeito ameno e divertido aos nenos e nenas.
Os obradoiros creativos serán os seguintes:
Xullo
• O sol fonte de enerxía: Neste obradoiro verase a importancia que ten o Sol na vida do planeta terra. Construirase un sol de papel enrolado e un reloxo de sol básico, e estudarase as posicións que o sol ocupa no longo do día e as sombras que crea. Os nenos farán as súas propias maquetas que representen o xiro da terra ao redor do Sol.
Destinatarios: Nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Prazas: 15
Datas:  15 e 21 Xullo
Horario: 10.00 a 12:00
Duración: 4 horas
Materiais: Carcasas de bobina de fio, varillas, cartóns, tesoiras, lapis, pegamento, papel amarelo , papel branco, cartolinas celestes, regra, cola vinilica, bolas de forexpam, arame.
Monitores: 2

• Os planetas do sistema solar: Abordarase os planetas do Sistema Solar, e fabricarase un móbil do que pendan os planetas gardando a súa posición e tamaño. Os nenos farán una fermosa maqueta de Saturno e os seus aneis para pender do teito.
Destinatarios: Nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Prazas: 15
Datas:  22, 28 e 29 Xullo
Horario: 10.00 a 12:00
Duración: 6 horas
Materiais: discos compactos (CD) , pelotas de polistireno, cola branca, escarvadentes de madeira, pinceis, brillo prateado, dourado, lana, tixolas, fío,cartolinas, imaxenes a cor dos planetas, arame, plastilinas
Monitores: 2

Agosto
• A beleza da lúa: Neste obradoiro descubrirase a beleza da lúa construíndo unha paisaxe luar, e estudarase a formación de cráteres na lúa. Ademais os nenos construirán os seus propios foguetes cos que intentaran chegar a lúa.
Destinatarios: Nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Prazas: 15
Datas:  4 e 5 Agosto
Horario: 10.00 a 12:00
Duración: 4  horas mes
Materiais: Escaiola, auga, recipientes, pelotas, pinturas, papeis,recipientes de plástico para rolos de películas,  cinta adhesiva transparente, tixolas, comprimidos efervescentes, toallas de papel, auga.
Monitores: 2

• A maxia das estrelas (as constelacións). Neste obradoiro os nenos e nenas apreciaran a maxia das estrelas, construirán una máquina para fabricar estelas e un localizador de estrelas para coñecer o ceo nocturno nas diferentes épocas do ano. Ademais cada un deles fabricara o seu propio telescopio para achegar a súa mirada as estrelas.
Destinatarios: Nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Prazas: 15
Datas:  18,19 ,25 e 26 Agosto
Horario: 10.00 a 12:00
Duración: 8 horas.
Materiais: caixas de carto, papel alumino, cinta adhesiva, lámpada de lanterna, portalámpadas, fíos de conexións, pilas, alfinetes e agullas, lapis de cores, tesoiras, fotocopias, cartolinas onduladas, lupas.
Monitores: 2

Setembro (Durante a Feira Franca)
• Xogo: unha mirada as estrelas: A Asociación disporá dun posto na Fería Franca, onde  exporanse os traballos feitos  polos nenos e nenas durante os obradoiros do verán, neles atoparanse dende foguetes, móbiles de planetas, reloxos solares, maquetas de planetas e da paisaxe luar, telescopios até maquinas para fabricar estrelas. Os nenos e nenas participantes xogaran a recoñecer as figuras que formas as estrelas, mediante as cales pódense identificar as principais constelacións do hemisferio Norte mediante un localizador de estrelas.

Destinatarios: Nenos e nenas de 6 a 12 anos
Prazas: Ilimitadas
Datas: 6 de setembro
Horario: 12:00 a 18:00
Duración: 1 xornada
Monitores: 4