Visitas guiadas á exposición “Do cómic á novela gráfica”

56

Visitas guiadas á exposición “Do cómic á novela gráfica. A banda deseñada en España no século XXI”, a partir do 2 de xullo todos os mércores ás 12:00 h.

Esta mostra propón unha mirada ó momento actual da creatividade en torno á chamada novena arte en España, a banda deseñada. Faise a través de exemplos do máis alto nivel tanto polo seu éxito editorial e repercusión nacional e internacional, coma polos numerosos premios que recibiron.

A exposición trata de reflectir os diversos procesos da creación dun cómic, con mostras de bosquexos, páxinas orixinais e coloreado dixital. E finalmente achéganse para a consulta do visitante as obras editadas, as novelas gráficas das que se expoñen orixinais.

As obras expostas pertencen a dez artistas españois recoñecidos internacionalmente: os debuxantes Alfonso Zapico, Kim, Max, Paco Roca, Santiago Valenzuela, David Rubín, José Domingo e Miguelanxo Prado, os tres últimos galegos; e os guionistas Antonio Altarriba e Santiago García.

Inscricións a través do email gabinetedidactico.museo@depo.es ou no teléfono 986 804 100 ext. 42413.