Visitas guiadas diarias do Museo de Pontevedra

57

Ata 30 de setembro, de martes a venres, o Gabinete Didáctico do Museo pon en marcha as visitas diarias para individuais cunha quenda de mañá, ás 12:00 h. e outra de tarde ás 19:30 h.

Nestas visitas farase un breve paseo polos edificios Sexto e Sarmiento destacando algunhas das obras principais da colección. Punto de encontro na recepción do Sexto Edificio. Non se require inscrición.

+info. en www.museo.depo.es