Visitas guiadas polo casco histórico de Pontevedra

55

Visitas guiadas de verán efectuadas por guías oficiais de Turismo de Pontevedra. En 1 hora e 45 minutos e dun xeito divertido visitaranse as prazas, monumentos e lugares máis emblemáticos da cidade.

Saídas diarias ás 11:30 e ás 18 h. Os domingos e festivos só se realizarán en horario de mañá.

Os tickets adquiriranse na Casa da Luz (Praza da Verdura, s/n). Prezo: 5 € (normal) e 3 € (reducida).

+info. no teléfono 986 090 890 e en www.visit-pontevedra.com