Vortex saca o seu primeiro CD

46

Vortex presentou hoxe publicamente o seu primeiro CD: "Confessions" que será presentado mañá, a partir das 20.00 horas nas escaleiras de Facenda, na praza da Ferraría.

Neste acto entregarán o CD aos inversores que participaron economicamente no proxecto, que tivo un custe de 2.000 euros. Tamén venderán camisetas, e outros productos de merchardising, e darán un pincho e cervexa aos que até alí se acheguen.

Segundo os integrantes de Vortex, este disco é "o máis tranqui do metal, e o máis duro do pop".

Vortex serán os teloneiros do primeiro dos concertos da Peregrina, que será de Sociedade Alkólica.