XV edición Memorial Ricardo Portela. Homenaxe ao Obradoiro García de Riobó. Este ano ademais de homenaxear a Ricardo Portela, farese unha mención especial ao obradoiro de instrumentos García de Riobó, un dos máis antigos de Galicia.
Venres 11 de xullo
De 17 a 21:30 h. XII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais. Praza da Ferraría.
19:30 h. Pasarrúas dos Gaiteiros das Rías Baixas. Nas prazas e rúas da cidade
21 h. Actuación do Coro Tradicional Cantares do Brión. Praza da Ferraría.
Sábado 12 de xullo
De 11:30 a 14 h. e de 17 a 21:30 h. XII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais. Praza da Ferraría.
12 h. Pasarrúas Os Terribles de Arousa. Rúas e prazas da cidade.
19:30 h. Pasarrúas dos grupos Os Mecos de Ogrobe e Boudebou. Nas prazas e rúas da cidade.
21 h. Homenaxe ao Obradoiro de García de Riobó. Praza da Ferraría.
21:15 h. Actuación de Abóbriga. Praza da Ferraría.