Próxima rehabilitación do Local social de Lusquiños por 1680.000 euros

69

O Concello de Pontevedra iniciará logo do verán a rehabilitación integral da antiga escola unitaria de Lusquiños para darlle uso a todos os seus espazos e que sirva de punto de reunión e encontro dos veciños de Tomeza que cada vez están a organizar máis actividades neste espazo. Segundo explicou esta mañá o concelleiro delegado da parroquia, Demetrio Gómez o orzamento para esta obra é de case 168.000 euros.

Na actualidade o edificio está dividido en dúas partes: o que era colexio e o que era casa do mestre. Esta última está en moi mal estado, polo que a actuación será integral para habilitar en toda a superficie do edificio: un novo acceso cunha sala de estancia (lectura), unha sala de usos múltiples que se pode ampliar co peche da terraza do edificio, crearase unha nova aula no que era vivenda do mestre, onde tamén se situarán os aseos e o almacén do Local social. Tamén disporá dunha pequena cociña para realizar cursos.

A rehabilitación tamén inclúe melloras de eficiencia enerxética tanto na carpitería, na iluminación, e no tellado. Tamén terá o mobiliario adecuado así como acceso ás novas tecnoloxías a través de proxector, ordenador, equipo de son… entre outros.

Mentres se realizan estas obras, os veciños empregarán o Local social dos comuneiros.

Demetrio Gómez explicou que esta rehabilitación foi unha das prioridades do Consello parroquial de Tomeza. Trátase dunha obra consensuada con todas as asociacións da parroquia, que tamén priorizaron a mellora do campo da festa que está rematado case ao cento por cen.

Ver documento PDF
Ver documento PDF