Concerto de Antonio Orozco

91

Antonio Orozco fai parada en Pontevedra para presentar "Diez", o seu novo álbum de estudio, dentro da xira de directos que está a realizar por España e América.

Orozco é un dos artistas españois máis destacados: vendeu máis de medio millón de discos na súa carreira. Os máis de mil concertos que Antonio Orozco realizou ao longo da súa carreira son unha garantía de éxito, tanto en asistencia de público e recoñecemento da crítica coma na calidade artística e técnica que ofrece o espectáculo.