Concerto de Efecto Pasillo

64

Concerto a cargo de Efecto Pasillo dentro da xira "Querido Tour" presentando en directo "El misterioso caso de Efecto Pasillo".

Efecto Pasillo converteuse nunha das bandas máis exitosas do pop nacional. A principios de 2013 publican o seu álbum, "El misterioso caso de… " que entrou directo ao Top10 da lista de vendas e actualmente acumula máis de 50 semanas de permanencia no top.

Cos seus hits "Pan y mantequilla", "No importa que llueva" e "Funketón" revolucionaron o panorama musical: alcanzaron o nº 1 nas principais radios, tvs musicais e plataformas dixitais, e suman 30 millóns de visitas en Youtube.

En novembro lanzaron a reedición do seu disco con varias cancións inéditas, entre as que se encontran o seu novo singre "Buscando una luz" e "Hecho con tus sueños", un dueto con Leire Martínez (vocalista de La Oreja de Van Gogh).