Proxección do filme de suspense "Argo" (Ben Affleck, 2012) dentro do Ciclo Cinema na Lúa.
Irán, ano 1979. Cando a embaixada dos Estados Unidos en Teherán é ocupada por seguidores do Ayatolá Jomeini para pedir a extradición do Xa de Persia, a CIA e o goberno canadense organizaron unha operación para rescatar seis diplomáticos estadounidenses que se refuxiaran na casa do embaixador de Canadá.