“Pikante”… un espectáculo de baile?

72

Reestrea de “Pikante”, unha versión renovada e mellorada do espectáculo cuxa estrea se levou a cabo, cunha única función, en abril de 2012.

Este espectáculo, fresco e divertido, é o resultado de engadir pequenas doses de sensualidade e erotismo a un prato principal: o baile, nunha ampla selección de xéneros e estilos. Tango, Hip-Hop, Burlesque, Valse, Contemporáneo, Ritmos Latinos, Swing… son só algúns destes estilos que, ao longo de diferentes escenas, todas elas cunha historia que contar, nos transportarán a outras épocas nas que, como hoxe en día, o pracer e a paixón, en todas as súas acepcións, ocupaba horas do noso pensamento.

Da man dos 32 bailarins e bailarinas que forman a compañía, e estreitando lazos de unión coa paixón que sentimos polo baile, comezamos unha viaxe dunha hora e media de duración na que esperamos entreter, sacar sorrisos e, por que non?, tamén as cores.

Este espectáculo non está recomendado para menores de 12 anos. Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com