VISITAS GUIADAS TEATRALIZADAS AO CENTRO HISTÓRICO

55
A compañía Migallas Teatro, co apoio da Concellería de Turismo de Pontevedra, a Deputación Provincial e o Centro Comercial Urbano Zona Monumental oferta un xeito distinto e divertido de achegarse ao Centro Histórico da cidade e á súa historia. Un programa que chega co nome de "Paseo Mágico por Pontevedra".
 
Días de visita:
Mes de xullo: 4, 5, 11, 12, 25, 26, 29, 30 e 31.
Mes de agosto: 1.
 
Horario:
Saída: ás 22:00 h detrás da Casa do Concello, agás o día 4, que será ás 20.00 h
 
Duración:
Unha hora e media aproximadamente.
 
Idioma:
Castelán.
 
Prezo e reservas:
5 € por persoa
 
Para todos os públicos. Prazas limitadas
Venda de entradas por orde de chegada o mesmo día da visita desde as 21:30 h hasta as 22:00 h no punto de saída, detrás da Casa do Concello.
 
Pódense reservar entradas para calquera día durante os días anteriores á visita e, o mesmo día da visita, ata 4 horas antes do comezo desta.
 
O número máximo de participantes en cada visita é de 100 persoas. Destas 100 entradas, 60 pódense reservar con antelación, pero terán que adquirirse igualmente no lugar sinalado, entre as 21:15h e as 21:45h. As outras 40 venderanse por orde de chegada a partir das 21:30 h.
 
As entradas reservadas que non se adquiran antes das 21:45 h serán postas á venda.
 
 
 
Máis información e tamén reservas:
Telf.: 986864757    /    630872668