VII “Sons no Ar-co”

80

VII edición do Ciclo de Música “Sons no Ar-Co”, organizado polo Museo de Pontevedra.

Venres 18 de xullo, ás 22:00 h.

Concerto a cargo de Khaleye Diamono, grupo de canto, percusión e danza tradicional africana composto por cinco músicos e dúas bailarinas. Interpretarán temas musicais de diversos países africanos, especialmente ritmos mandikes e sabar senegaleses, acompañados por danzas.

Sábado 19 de xullo, ás 22:00 h.

Concerto a cargo de Pixie Dixie Band. Esta formación reproduce o ambiente musical do primitivo jazz de Nueva Orleáns, interpretado cun carácter desenfadado que lle permite abordar todo tipo de actuacións, incluíndo as de animación na rúa.