Marcos Pin Factor E-Reset. XXII Festival Internacional de Jazz e Blues

36

Concerto de Marcos Pin Factor E-Reset, dentro do XXII Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra.

En tempos de incerteza como os que nos toca vivir son moi poucos os músicos que compoñen para formacións amplas, pois a miúdo o seu traballo permanece eternamente acumulando po no papel pautado. É todo un luxo poder contar no escenario co  tenteto reunido polo excelente guitarrista Marcos Pin.

“Barbanza” é o título dunha criatura xerada con paciencia, dedicación e unha alta inspiración compositiva. Nela converxen a sonoridade, a tradición e os arranxos das big bands coa enerxía de formatos máis reducidos e dispostos en función do repertorio.

+info. en www.jazzpontevedra.com