Richard Bona Group. XXII Festival Internacional de Jazz e Blues

54

Concerto a cargo de Richard Bona Group, dentro do XXII Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra.

Bona é baixista e multiinstrumentista, compositor, cantante, produtor, enxeñeiro de son e líder da súa propia banda. a súa aposta polo novo e a súa feroz determinación á hora de presentar a súa singular visión artística foron as bases sobre as que sustentou o devandito éxito.