20.000 euros de reserva para o aluguer dos terreos da planta de compost

81

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a aprobación de tres expedientes de modificación de crédito por valor de 627.000 euros. O primeiro expediente é do Pazo da Cultura, por valor de 134.150 euros e vai destinada a maior parte a actividades; outro dos expedientes é do Instituto Municipal de Deportes (IMD) por valor de 373.000 euros, tamén a maior parte para actividades; e unha modificación de 120.000 euros no Concello para cubrir compromisos adquiridos.

Trátase de 60.000 euros para asumir un complementario na construcción da aula magna da Uned. Tamén asumirá a sinatura do convenio co Feuga por valor de 34.000 euros para contribuír á investigación de nanotecnoloxía da Universidade de Vigo do proxecto Xatcobeo.

Esta modificación de crédito tamén asume un pago de 20.000 euros en concepto de aluguer para a parcela que resulte escollida para a construcción da nova planta de compost. O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera explicou que até o de agora existen 9 ofertas (dúas privadas e sete comunicacións vebais de comunidades de montes). Será a partir do mes de setembro cando se coñecerán as opcións escollidas.