Festixeve 2014. XIX Festa da A.R. de Xeve

54

Nova edición do Festixeve XIX Festa da Asociación Recreativa de Xeve, no Campo de Vilar de Fragoso, en Santo André de Xeve.

Instalarase unha carpa con mesas para cear e xantar ao carón da carballeira. Tamén haberá un polbeiro.

Sábado 26 de xullo

A partir das 18 h. haberá inchables para os máis cativos. Ás 21:30 h. os grupos Foula e Malvela amenizarán a festa con música tradicional. pachanfa galega con O Sonoro Maxín e sesión picadiscos "Superbombo". Presentado polos humoristas "O gordo e o calvo", do programa Luar.

Domingo 27 de xullo

Despois de xantar haberá xogos populares. Os asistententes poderán degustar empanadas con distintas feituras, ademais de rosca. A velada estará amenizada pola Batucada Olodum do Coio e Fin de Festa coa Charanga Rouba Bicos.