“Fetichistas”. Mostra de David Casanova

39

Mostra fotográfica do artista asturiano David Casanova, da súa serie " Fetichistas", a través da cal, segundo as súas propias palabras, pretende botar algo de luz sobre as prácticas, códigos de vestimenta, protocolos de conduta e aspectos psicolóxicos da comunidade BDSM.

Unha realidade subcultural que, máis alá dos seus trazos idiosincráticos colectivos, acerta a irmandar tanto como distingue aos seus integrantes, individuos de toda idade, condición, extracción social e nivel cultural, a través das súas vivencias persoais e da súa reivindicación particular dunha liberdade que se revela cotiá e incuestionableme.

Pódese visitar ata o 25 de xullo na Galería About Art de Pontevedra (Rúa Pasantería, 9) de martes a venres, de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 20:30 h. Sábados, de 11:00 a 14:00 h.