Paseo Máxico por Pontevedra. Visitas teatralizadas

64

Visitas teatralizadas para todos os públicos polo centro histórico de Pontevedra organizadas pola compañía de teatro “Migallas Teatro”, coa colaboración de Turismo de Pontevedra, da “Deputación Provincial e da Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra. Duración aproximada: 1 hora e media.

Os días 4, 5, 11, 12, 25, 26, 29, 30 e 31 de xullo e 1 de agosto.  Saída dende detrás da Casa do Concello, ás 22:00 h. (o día 4 saída ás 20:00 h.)

Venda de entradas por orde de chegada o mesmo día da visita desde as 21:30 ata as 22:00 h. no punto de saída, detrás da Casa do Concello.

O número máximo de participantes en cada visita é de 100 persoas. Destas 100 entradas, 60 pódense reservar con antelación, pero terán que adquirirse igualmente no lugar sinalado, entre as 21:15 h. e as 21:45 h. As outras 40 venderanse por orde de chegada a partir das 21:30 h. As entradas reservadas que non se adquiran antes das 21:45 h. serán postas á venda.

Pódense reservar entradas para calquera día durante os días anteriores á visita e, o mesmo día da visita, ata 4 horas antes do comezo desta, é dicir, ata as 18:00 h., a través da web www.migallas.com