O Concello instala parques infantís en Reiriz e A Devesa, en Alba, xunto as casas da cultura

63

A Concellaría de Parques Infantís iniciou esta semana a instalación de dous novos parques infantís na parroquia de Alba. Son pequenas áreas que terán algúns bambáns de xogo para nenos que veñen a complementar os espazos de encontro cidadá dos lugares de Reiriz e A Devesa.
As concelleiras Anxos Riveiro e Pilar Comesaña visitaron esta mañá os traballos de creación e instalación destas pequenas áreas recreativas infantís, que veñen a satisfacer unha demanda veciñal destas zonas que reclamaban uns parques infantís para os nenos do lugar.
Os parques infantís complementan estes espazos de encontro cidadá onde se atopan os centros culturais tanto de A Devesa como de Reiriz, ambos na parroquia de Alba.