Concerto de Sés

64

Concerto a cargo de Sés. Se algo podemos destacar da cantautora coruñesa é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galicia.

A súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse,  foi conquistando ó público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.

“Co xenio destrozado” é un traballo feito con orgullo de identidade, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e pasionais a potencia do directo. Temas da cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.