O Pontevedra e o Real Valladolid disputarán este sábado en Pasarón o Trofeo Cidade de Pontevedra

61

O Pontevedra C.F. e o Real Valladolid C.F. disputarán este próximo sábado, día 26, sobre o céspede do estadio de Pasarón, a vixésimo oitava edición do trofeo Cidade de Pontevedra. O partido foi presentado hoxe polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, e a presidenta do club local, Guadalupe Murillo. O partido está programado para as 20.00 horas.

O trofeo, que naceu no ano 1973, chega cun valor engadido porque está cargado de novidades polos cambios que está a vivir o Pontevedra C.F., cunha nova etapa baixo a presidencia de Guadalupe Murillo, á que os representantes municipais desexáronlle sorte de cara ao ascenso a Segunda División B.

A presidenta prometeu que o equipo granate empregarase a fondo para que o trofeo quede na casa e adiantou que está a traballar para que nas próximas edicións, xa con máis tempo de planificación por diante, se traian rivais da Primeira División.