Este sábado Apadrina jam

48

As canchas de basket de Campolongo volverán a ser o escenario do Apadrina jam (nesta ocasión) que chega ao seu quinto ano de celebración consecutiva. Basket, skate e exhibición de graffitti será a oferta desta actividade que iniciará ás 10.00 e rematará ás 22.00 horas.

Celebraránse partidos 3×3 nas catro canchas nos que xa están inscritos 24 equipos. Haberá unha exhibición de skate sen competición para que se animen a participar os máis pequenos; e tamén unha exhibición de graffitti no que participarán escritores de toda Galiza.

A Concellaría de Xuventude está a colaborar cos organizadores deste festival que está incluído dentro da programación de Ponteverán.

Ver documento PDF