A rehabilitación integral dos servizos na Praza de Galicia, avanzan a bo ritmo

76

As obras de rehabilitación integral dos servizos de saneamento, abastecemento e rede de augas pluviais na praza de Galicia e en Andrés Mellado continúan a moi bo ritmo.
A fase dos traballos que se acometen agora obriga prohibir a circulación de vehículos de máis de 9 metros no sentido de dirección Praza de Galicia-Eduardo Pondal. Esta medida será efectiva a partir das 8 horas do luns, 28 de xullo.
No outro sentido do tráfico non hai restriccións.
As obras das novas canalizacións comezaron o pasado mes de xuño e pretende correxir o importante déficit que existe na actualidade nos colectores deste ámbito xa que teñen filtracións, atascos, desbordes dos pozos… e incluso, nalgunhas zonas, a rede de augas pluviais está unida á rede de saneamento.
Para resolver todos estes problemas a Concellaría do Ciclo da Auga, da que é delegado o concelleiro Raimundo González está a facer unha actuación integral en toda a praza cun orzamento de 372.000 euros e que poderá rematar no mes de outubro.
Instalaranse máis de 1.000 metros lineais de tubaxe, e reporanse 1.500 metros cadrados de beirarrúas, xa que toda a obra discurre pola beirarrúa, pero nos tramos nos que se actúe substituirase totalmente, xa que en zonas como Andrés Mellado ou a parte norte da praza de Galicia a beirarrúa é antiga.