O Concello recibe un borrador de convenio para destinar máis de 40 millóns ao Hospital Monte Carrasco

66

O Concello de Pontevedra recibiu onte un borrador de convenio para a construcción do Hospital Monte Carrasco por parte da Xerencia do Sergas, na que solicitan a colaboración do Concello para a instalación de todas as infraestruturas urbanísticas que requerirá este hospital.
Segundo informou esta mañá o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera "este convenio chegou de forma sorpresiva ao Concello, dado que non existían conversas previas nin nunca se amosou vontade por ambas administración por chegar a un acordo neste tema".
Mosquera lembrou que a proposta de borrador de convenio que chegou ao Concello implica levar servizos até Monte Carrasco (agua, luz, saeamento…) suporá un investimento duns 40 millóns de euros "que o Concello de Pontevedra nunca poderá asumir, e menos nestes momentos nos que a lei lle quitou estas competencias".
Fronte a este borrador de convenio, Mosquera lembrou que no proxecto sectorial no que se presentaba o Hospital Monte Carrasco, ao igual que en todo o proceso xudicial que o Concello emprendeu contra esta nova infraestrutura sanitaria por considerar un erro e unha perda de cartos, fronte a necesaria ampliación de Montecelo, a Xunta asumía que tería que afrontar o custe de levar os servizos a un espazo rústico forestal, algo moito máis custoso que se fose nun ámbito urbanizado, como xa é no caso de Montecelo.
"Trátase dunha nota de prensa en forma de convenio, o que nos deixa claro que a Xunta non ten ningún interese en construír este hospital. E o peor de todo, perdeuse moito tempo para ampliar Montecelo ou reformar o Provincial", explicou Mosquera.