Esta tarde podería chegar a auga habitual a Bueu e Marín

81
Ao longo da tarde poderá restablecerse a normalidade no abastecemento de auga a Marín e Bueu, con toda probabilidade.
 
Os traballos realizáronse máis ou menos segundo os prazos previstos, en relación á complicación que presentaba a tubería accidentada, que fixo necesario improvisar unha cámara estanca para poder levar a cabo a restauración da infraestrutura.
 
Pontevedra, no intre que se coñeceu o problema, habilitou a tubaxe que dá servizo aos seus propios habitantes da parroquia de Lourizán, para compartir a auga coas poboacións afectadas. En todo momento, os concellos de Marín e Bueu estiveron informados dos pormenores e a evolución da obra, realizada baixo a supervisión do concelleiro Raimundo González.