Rematou a retirada do Lérez de refugallos sólidos

78
Os buzos remataron hoxe a limpeza de obxectos sólidos no río Lérez, cun resultado bastante satisfactorio, toda vez que o número de refugallos foi menor do previsto.
 
Troncos, tocóns de madeira, carriños de mercar, pneumáticos, unha nasa, algún sinal de tráfico, papeleiras, valados de obra, táboas de madeira, tubos metálicos, paraugas, sillas, varais de obra e algúns plásticos son o inventario da recolleita.
 
Os traballos consistiron en dous percorridos entre a ponte da Barca e a praia fluvial, primeiro pola marxe das Xunqueiras e despois pola da cidade. Na primeira batida fixeron unha inspección visual e recolleron algúns obxectos de menor dimensión, e na segunda xa retiraron os elementos de maior volume. Para esto fóron auxiliados por un camión dotado cun guindastre.