Visitas guiadas a exposición

43

A exposición "Da vida á morte no Antigo Exipto" vai permitir ao visitante facer un percorrido polo mundo exipcio antigo, os sus deuses, os seus reis, a vida cotiá, a muller e as crenzas sobre a morte que tiñan os habitantes do País do Nilo.

Haberá visitas guiadas todos os días (de martes a sábados) ás 19 h, ademais dos mércores ás 12 h. e os venres á 17:30 h. Os interesados en asistir a estas visitas deberán inscribirse previamente en gabinetedidactico.museo@depo.es ou no teléfono 986 804 100 extensión 42413. Os grupos que se formen non superarán as 35 persoas.

Tanto a entrada á exposición como a participación nas visitas guiadas son totalmente gratuítas.