Congreso Galego de Fútbol Feminino

74

Congreso Galego de Fútbol Feminino promovido pola Concellaría de Deportes de Pontevedra e MC Sports, no que se tratarán diferentes temáticas de fútbol feminino, e no que non faltará unha mesa redonda, en busca de facer crecer ao fútbol feminino galego.

Haberá un primeiro relatorio, tras a pertinente recepción do concelleiro de deportes de Pontevedra, na que o adestrador da Oliveira, Charly, nos falará da importancia do traballo de formación no fútbol feminino e de como afrontar novos retos que se formulen.

Posteriormente virá a implantación dun modelo de xestión profesional no fútbol feminino, correrá a cargo de Lola Romero, presidenta do Club Atlético de Madrid Féminas, e nela falarase da organización e estrutura dun club de fútbol feminino profesional.

Un último relatorio será para Natalia Astrain, adestradora da Superliga Feminina.

Para finalizar, haberá unha mesa redonda, moderada polo recoñecido xornalista Terio Carrera, na que xunto ao público que alí se cite, diferentes organismos como medios, federación e clubs, tratarán de buscar vías de crecemento e solucións para as áreas de fútbol feminino nas que moito queda por facer.

+info. en www.wwfootball.es