Actividades de participación na escavación do Castro das Croas

61

Nesta semana, o Concello de Pontevedra comezou unha intervención arqueolóxica no Castro das Croas (situado no lugar de Birrete, na parroquia de Salcedo), que forma parte do proxecto do Espazo etnogrático e arqueolóxico do Val de Tomeza e Salcedo.
Para reforzar o carácter aberto e participativo do proxecto, durante a escavación organízanse diversas actividades para dar a coñecer o xacemento e o proceso de estudo e escavación.

• Visitas guiadas: martes 26 e xoves 28 de agosto de 10 a 11 horas
• Voluntariado (participación nos traballos de escavación arqueolóxica). Luns 1 e 2 de setembro de 10 a 12 h.
• Acto de peche da campaña de escavación: Venres 12 de setembro ás 20 h.

Para as visitas guiadas e para a actividade de voluntariado, é preciso inscribirse no concello (Michelena, 30-3º) ou no correo electrónico patrimoniocultural@pontevedra.eu