Máis de 330.000 euros de investimento no rural

80

As dúas últimas Xuntas de Goberno Local aprobaron un investimento de máis de 330.000 euros para as parroquias de Verducido, Tomeza e Marcón que permitirán mellorar os seus lugares de encontro e a conexión entre os núcleos.

Na parroquia de Verducido investirase 129.466 euros para mellorar a rúas das Rociñas. A obra que consistirá nun tratamento integral do firme e recollida de pluviais entre outros elementos será executada por E.C.Casas, que ofertou como melloras dous centímetros máis de espesor na capa de rodadura e dous lombos na zona.

Adxudicouse á empresa Ediserpo a rehabilitación integral do Local social de Tomeza, en Lusquiños, por un valor superior aos 134.000 euros. A empresa incluíu como melloras o equipamento informático e o mobiliario.

Na parroquia de Marcón, a Xunta de Goberno aprobou hoxe un proxecto de eficiencia enerxética que permitirá cambiar o alumbrado público do campo da festa. Trátase dun espazo que estaba mal iluminado e que tiña farois de distinta tipoloxía e pouco acordes co espazo. Con este proxecto que se achega aos 75.000 euros preténdese contribuir ao ennobrecemento do lugar así como a reducir o consumo enerxético ao instalar luminarias leds, e ao non ter que encargar as luminarias actuais que xa están descatalogadas e cada vez que había que reparar unha, había que encargala especificamente.