O alcalde visita as últimas melloras municipais en Mourente por valor de 900.000 euros

76

O alcalde e o concelleiro delegado da parroquia de Mourente, Miguel Figueira visitan esta tarde diversas obras executadas na parroquia de Mourente e valoradas en algo máis de 900.000 euros.
A visita comezará pola pista de Carabelos onde o concello fixo unha urbanización completa (repavimentación e recollida de pluviais) por valor de 30.000 euros. Tamén visitarán o lugar da Condesa para ver as obras de saneamento que se fixeron no lugar, un dos poucos que quedan por canalizar na parroquia de Mourente. O investimento na Condesa foi de 45.000 euros.+ O proxecto de maior contía foi a rehabilitación integral da estrada que sube á igrexa de Mourente. Foi unha obra que incluíu a canalización de pluviais, repavimentación, retirada de elementos obsoletos, entre outros, que tivo que facer por fases. O investimento final foi de 600.000 euros.
A visita continuará ás 20.30 horas pola rúa das Viñas onde tamén se fixeron traballos de rehabilitación por 8.000 euros, pero que resolve graves problemas para os veciños do lugar.
O lugar de Moldes e os Areás serán os últimos lugares da visita. No primeiro fíxose un investimento de 180.000 euros para instalar o saneamento no lugar así como a canalización de augas pluviais, ambas obras moi importantes na zona.
Nos Areás, onde concluirá esta ronda, visitarase a recente remocicada área de lecer do parque do Areás, onde se instalaron distintas pistas e espazos de xogos populares, xa que se trata dun espazo de encontro veciñal e de centralidade parroquia. O investimento foi de 40.000 euros.