Curso de verán. III Xornadas de Exiptoloxía

67

O Instituto de Estudios del Antiguo Egipto, vén de realizar o descubrimento sobre a correxencia entre Amen-Hotep III e Amen-Hotep IV, polo que hai que considerar unha nova visión do final da dinastía XVIII e das súas consecuencias, entre elas, a paternidade de Tut-Anj-Amon.

Para difundir estas novas celebrarase no Museo de Pontevedra o Curso de verán III xornadas de Exitpoloxía do 3 ao 5 de setembro. Todas as xornadas comezarán as 19:00 h. no salón de actos do Sexto Edificio (rúa Padre Amoedo, 3). Os participantes que desexen obter diploma de asistencia deberán inscribirse previamente na Secretaría do Museo, teléfono 986 804 100 ext. 42436. A entrada será libre ata completar aforo.

Mércores 3 de setembro:

•  Os cambios relixiosos que se produciron durante a segunda metade da dinastía XVIII exipcia e que darían como consecuencia o mundo de Amarna. Francisco Martín Valentín, director do I.E.A.E e da Misión Arqueológica Española Proyecto Visir Amen-Hotep.

Xoves 4 de setembro:

• O descubrimento na tumba do Visir Amen-Hotep. Francisco Martín Valentín, director do I.E.A.E e da Misión Arqueológica Española Proyecto Visir Amen-Hotep.

Venres 5 de setembro:

• Proxección do documental La revelación del Visir Amen-Hotep Huy: Cinco años de excavaciones arqueológicas en Luxor. Mesa Redonda: Teresa Bedman e Francisco Martín Valentín, directores da Misión Arqueológica Española do I.E.A.E en Luxor.