A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá un investimento de uns 710.000 euros en distintas obras no rural e no centro urbano de Pontevedra, e para complementar o parque móbil dos bombeiros da cidade. Segundo informou o portavoz do Goberno, Raimundo González os investimentos adxudicados esta mañá foron:
- Adxudicación da reforma da rúa Xerardo Álvarez Limeses por 241.000 euros para a empresa Covsa.
- Reforma do Camiño da Rociña en Verducido por 129.000 euros, para E.C.Casas
- Un camión de rescate acuático á empresa Iturri por uns 119.000 euros.
- Unha nova fase de acceso á igrexa de Mourente por 240.000 euros por E.C.Casas