III Xornadas Nacionais de Taijiquan (Taichí)

61

III Xornadas Nacionais de Taijiquan (Taichí), organizadas polo Centro de Terapias Estouche Ben! (rúa José Millán, 2 – baixo), en colaboración coas delegacións da Escuela Superior Wudao do Mestre Serrato e as súas delegacións de Mérida, Salamanca, Toledo, Pontevedra e Madrid.

Actividades de balde incluídas no programa de lecer e tempo libre para o verán “Ponteverán”, organizado polo Concello de Pontevedra.

Venres 12 de setembro:

• 18 h. Clases de Qi Gong Taoísta do Monte Wudang, impartidas polo Mestre Víctor Arellano, nas instalacións de Estouche Ben!.

• 19:30 h. Obradoiro de Defensa Persoal no Taiji, impartidas polos Mestres Luis Solornazo e Patricia Colazo, no Pavillón de Deportes.

Sábado 13 de setembro:

• 09 h. Conferencias no Teatro Principal. “Os segredos do Monte Wudang”, a cargo do Mestre Víxtor Arellano. “Beneficios corporais da práctiva de Taiji”, impartida polo Mestre Internacional Juan Carlos Serrato. “Mente e Taiji”, a cargo dos Mestres María Rodríguez e Alejandro Bello.

• 12:30 h. Práctica da dorma Grupo de 13 movementos de Sanfeng, co Mestre Serrato, na Praza de Santa María en horario de 12:30 a 13:30 h.

+info. en rúa José Millán, 2 baixo, chamando ao teléfono 986 896 968 e en www.estoucheben.com