Os mellores xogadores participan no torneo Internacional de Verán de Tenis de Mesa de Monte Porreiro

78

O Torneo de Verán de Tenis de Mesa que organiza o club de Monte Porreiro chega á súa 16ª edición. Os afeccionados terán oportunidade de presencialo durante toda a fin de semana no Pavillón da Cidade Infantil Príncipe Felipe. A entrada é de balde.

O evento foi presentado hoxe polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, xunto coa vicepresidenta da Deputación, Ana Isabel Vázquez, e o presidente do club, Lucho Álvarez.

Un total de 400 xogadores participarán no torneo, para o que está previsto montar ata 18 mesas. O sábado será a quenda das categorías inferiores e os veteranos, mentres que o domingo será o momento dos xogadores sénior.

Durante a presentación enxalzouse o papel que xoga o club pontevedrés e a relevancia que este deporte acada en Pontevedra, como quedou demostrado coa celebración de ata dous campionatos de España na nosa cidade.