As III Xornadas de Taiji poñen fin a Ponteverán

76

Ponteverán, o programa de lecer e tempo libre xuvenil e para as familias, remata coa última das súas propostas, as III Xornadas Nacionais de Taiji. Estas sesións toman o relevo das anteriores, celebradas en Mérida e Salamanca.
Para Ponteverán estas xornadas son especialmente importantes porque están orientadas especialmente á mocidade. O Taiji é moi eficaz na xente maior para consevar a súa saúde, mais non deixa de ser unha arte marcial e debe ser ensinada cos compoñentes marciais, de saúde e filosóficos.
Ademais veñen a complementar a grande demanda que ten esta actividade en Noites Abertas, onde xa leva 3 anos impartíndose e na que cada vez se incrementa o número de afeccioados.
Os mestres que impartirán as clases e conferencias son:
• Víctor Arellano (Mérida)
• Luís Solorzano (Salamanca)
• Patricio Collado (Toledo)
• Juan Carlos Serrato (Madrid)
• María Rodríguez (Pontevedra)
• Alejandro Bello (Pontevedra)
Todos estes profesionais son delegados da Escola Superior Wudao do mestre Juan Carlos Serrado, que impartirá a clase gratuíta do sábado. Serrado é coñecido mundialmente polos seus coñecementos do Taiji, estilos Chen e Wudang. De feito, foi o primeiro en introducir as ensinanzas dos monxes do monte Wudang no estado español. 
Ponteverán rematou con 1.696 persoas inscritas de todas as idades. Con estas xornadas acadará maior número de participantes, nesta edición onde na inmensa maioría das actividades se participou de xeito totalmente gratuito.