O Concello destina 2,9 millóns a investimentos pola sinatura do crédito municipal

103

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o director xeral do banco Sabadell Gallego, Pablo Junceda Moreno asinaron esta mañá a operación de préstemo municipal que gañou o Sabadell Gallego no concurso público ao achegar as melloras ofertas.
A operación de préstemo é de 2.950.000 euros, e ten un interese de euribor máis un 1,52%, cun interese de saída de 1,729%. O fin do prazo da operación é o ano 2026.
Á finalidade á que vai destinada esta operación de crédito é:

  • Obras no rural: iluminación pública: 100.000 euros
  • Mellora da accesibilidade no rural: 600.000 euros
  • Mellora da accesibilidade urbana: 300.000 euros
  • Alumeado público: casco urbán: 150.000 euros
  • Rehabilitación integral de rúas: 450.000 euros
  • Edificios e outras construccións: 300.000 euros
  • Convenio de Acuaes: 750.000 euros
  • Casas de cultura: 300.000 euros.