A Concellería de Promoción Económica apoia a campaña “As compras na túa vila teñen premio”, impulsada pola Federación Galega de Comercio

63

A Federación Galega de Comercio e as principais asociacións de comerciantes de Pontevedra, CCU Zona Monumental e AEMPE, presentaron hoxe unha campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio”, desenvolverase en Pontevedra dende hoxe, 15 de setembro e ata o 26 de setembro. A iniciativa premiará con 4.000 euros a confianza no comercio retallista da cidade, sorteándose 5 tarxetas regalo de 300 euros e 25 tarxetas regalo de 100 euros.

Nos días de duración da campaña, os consumidores que aposten polo comercio tradicional de Pontevedra poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada na Praza de España ou ás promotoras que se atoparán polas rúas da vila, quenes lles entregarán boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o venres, 26 de setembro, nunha carpa ubicada na mesma Praza de España, dentro do programa dunha Festa Final de Campaña que contará con actuacións para nenos e adultos. O sorteo será ese día ás 20.00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores.

A campaña será publicitada nos establecementos de Pontevedra, que contarán con carteis e repartirán entre os seus clientes trípticos informativos.

A iniciativa “As compras na túa vila teñen premio” está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio e Abanca. Trátase da séptima edición desta campaña, que ata o mes de outubro desenrolarase en cinco cidades galegas, entre elas Lugo, contando para elo coa colaboración das asociacións de comerciantes da cidade.

Representantes destas asociacións presentaron está mañá a campaña, encabezados por José María Seijas. A presentación contou tamén coa presencia da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal e a concelleira de Turismo e Comercio de Pontevedra.