O Concello recoñe a traxectoria deportiva de Javier Gómez Noya

60

O Pazo de Mugartegui acolle esta tarde, ás 19.00 horas, a recepción oficial do Concello de Pontevedra ao campión do mundo de Triatlón, Javier Gómez Noya. Será un acto agarimoso, de recoñecemento ao triatleta que leva moitos anos difundindo o nome da cidade alá por onde compite; así como de recoñecemento da cidade aos seus amplos logros.
Está previsto que neste acto, aberto a toda a cidadanía, o alcalde dirixa unhas breves palabras a todos os presentes, así como o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, o presidente da Federación Galega de Triatlón, Francisco Villanueva, e o propio Javier Gómez Noya.
Ao seu remate, os presentes poderán departir co triatleta, así como solicitarlle autógrafos ou fotografías, durante un viño galego que se servirá no salón vermello do Pazo.