“Olivia y Eugenio”

49

En “Olivia y Eugenio”, nai e fillo enfrontan unha situación extrema onde se cuestionan valores que xorden en tempo de crise. A traxedia achégase irremediablemente a Olivia, que rememora o seu pasado facendo un sincero axuste de contas co seu marido, nai, amizades, médicos, e con todos aqueles que presumen de ser normais, como políticos, profesionais e deportistas con éxito. Sobre eles Olivia formúlase se son máis normais que o seu fillo Eugenio, un mozo con síndrome de Down. Finalmente, quen é normal nesta vida?

É unha obra actual dentro do marco da corrupción política, terrorismo, alcoholismo xuvenil, inseguridade cidadá, da que se desprende outra pregunta, quen é realmente feliz, unha persoa que parece ter éxito ou un mozo como Eugenio?

Prezo: dende 19 €. Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com