O Concello, patrocinador de Gómez Noya

86

A Xunta de Goberno Local aprobou por maioría darlle un patrocinio de 24.200 euros ao triatleta Javier Gómez Noya, actual campión do Mundo. Segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González "é un orgullo para Pontevedra poder ter un contrato de patrocinio con este atleta, que lle permitirá manter o seu staff, ademais da importancia que supón a promoción e proxección da cidade cada vez que compite".